XSR é un software, orientado a pequenos talleres de reparación, que axuda a manter certo control sobre a organización do inventario, reparacións para clientes e pezas.
A aplicación completa está formada por un servidor e múltiples clientes.
Este repositorio contén a documentación do servidor e as especificacións da comunicación. Cada cliente que se desenvolva terá un repositorio propio.
Para ver toda a infomación sobre a instalación, revisa o documento de implantación.
XSR é unha aplicación basada en Docker, polo que a instalación é bastante sinxela.
Proporcionase un script que utiliza Maven para compilar, executar os tests e empaquetar. A continuación lanza 2 contenedores (base de datos e servidor) e conecta a rede e os arquivos de configuración.
Pero non necesitas saber todo esto para instalala.
Para cambiar os valores por defecto podes editar o arquivo build.sh
e config/xsrd.conf
. Asegúrate de que teñan o mesmo valor en ambolos dous.
CAMBIA O CONTRASINAL POR DEFECTO
Para instalar XSR nun sistema Linux podes usar o script build.sh
:
git clone https://gitlab.iessanclemente.net/damo/a16diegoar.git
cd a16diegoar
chmod +x build.sh cleanup.sh && ./build.sh
Podes usar o script cleanup.sh
para eliminar todo rastro da aplicación: rede, contenedores e config.
Aínda que outros sitemas non teñan soporte, deberías poder instalar XSR sen moitos problemas. Podes ver o script de instalación build.sh
e adaptar os comandos en orden para o teu sistema.
Por exemplo, para Windows, o último comando que lanza o contenedor do servidor podería ser algo así:
docker run -d -p 10097:10097 --network $NETNAME --network-alias xsr-srv -v config\xsrd.conf:%APPDATA%\Local\xsrd.conf --name xsr-srv xsr
Sendo unha aplicación docker toda a interación será a través desta ferramenta.
A continuación detallanse os comandos mais interesantes:
docker logs xsr-srv # Consultar os logs
docker stop xsr-srv xsr-mysql # Parar os contenedores
docker start xsr-mysql xsr-srv # Iniciar
docker ps -a # Ver todos os contenedores
docker exec -it xsr-mysql /bin/bash -c 'mysql -p xsr' # Executar MySQL de forma interactiva.
A configuración do servidor realízase a través dun arquivo chamado xsrd.conf
. Por defecto localízase en ~/.config/xsrd.conf
, pero pódese cambiar modificando build.sh
antes de executalo.
Eu son Diego Antelo Rútolo e son Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes e Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
Podes revisar os meus proxectos na web rutolo.eu ou en GitHub
Para contacto: diegorutolo{arroba}gmail{punto}com
Este proxecto utiliza unha licencia GPL-3 (GNU General Public License v3).
Podes atopar o texto completo no arquivo LICENSE. Tamén hai traduccións non oficiais e un resumo.
O mecanismo principal de probas é mediante os scripts que simulan un cliente.
O desenvolvemento destes scripts relízanse na branch test-client e pódese atopar no directorio client. Éste directorio contén un README con información mais detallada.
O mellor para contribuir ó proxecto é a creación de clientes, pero engadir ou correxir no servidor tamén se agradece.
- Manter o nome e tipo dos campos de cada clase seguindo os definidos no script SQL
- Ex: O número de teléfono de Cliente, utilizar sembre
tlf
, non telf ou telef.
- Ex: O número de teléfono de Cliente, utilizar sembre
- Pull requests: Indicar sembre os cambios realizados e o motivo.
Para escribir un cliente novo débese utilizar un novo repositorio. Para os contidos neste repositorio débense seguir as normas indicadas arriba.