O proxecto consiste nun sistema de xestión para un taller. Serve para gardar un rexistro dos clientes, as pezas que piden e os servizos prestados.
A aplicación utiliza a arquitectura Servidor-Cliente. O servidor é unha aplicación en Java dentro dun contenedor Docker e unha API para comunicarse cos clientes.
Os clientes poden ser APPs Android, webapps multiplataforma feitas con Electron ou simples scripts para CLI. O importante é que só interactúan con servidor mediate a API, de forma que é moi facil programarlas independentemente.
O proxecto céntrase na documentación e desenvolvemento do servidor e definir os protocolos de comunicación.
Está orientado específicamente a pequenos talleres de reparación de informática e telefonía, pero a idea é facelo o suficientemente flexible como para que poida ser utilizado por outros sectores, como automovilístico, electrodomésticos, etc...
Por experiencia propia no sector, a maioría de tendas e talleres son bastante caóticos e é habitual perder de vista algunha peza ou atopalas polo almacen e non saber para qué se pediron.
A maioría do software actual é demasiado complexo ou caro para as pequenas empresas.
O que diferencia éste proxecto é a especialización. Garda o estrictamente necesario para coñecer os clientes e que necesitan.
Dado que o proxecto leva asociada unha licencia libre, a mellor opción de comercialización sería ofrecer un servizo de implantación e soporte técnico.